 |
| Menu |  |
| Usuarios Conectados |  |
Actualmente hai 3 invitados, 0 membro(s) conectado(s).
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí | |
| Idioma |  |
|
Seleccione Idioma da Interface:
| |
| Historia máis lida |  |
|
Hoxe non hai Gran Historia. | |
|  |
Benvidos ó portal Web do
CENTRO CULTURAL ARTÍSTICO E RECREATIVO "RUEIRO" COIA (VIGO)
|
|
 | LOCALIZACIÓN E ACTIVIDADES |
 LOCALIZACIÓN
Locales Baixos do Complexo Parroquial do Cristo da Victoria R/ Baiona, 9-B / 36209 VIGO (COIA) email: rueiro.vigo@gmail.com TELÉFONOS: 986213453 (Parroquia), 986486820 (Presidente), 986293633 (Vicepresidente), 986299267 (Secretario)
ACTIVIDADES
CORAL (Luns e venres, de 20 a 22)
CORO INFANTIL (Mercores de 19 a 20,30)
TEATRO (Venres de 18 a 20 horas)
BAILE GALEGO (Xoves de 20 a 22)
GAITA E PERCUSIÓN (Mercores e xoves de 18 a 19 horas)
ZANFOÑA (venres de 20,30 a 22,30)
(Para anotarse: na secretaria os mercores de 18 a 20)
Ademais ofrece sendeirismo, excursions, charlas, exposicions, festas populares, etc..
Nota:
|
|
|
Enviado por rosi o Miércoles, 23 de enero ás 16:55:28 (252 Lecturas)
(Ler máis... | 1476 bytes máis | ¿comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | PARA CELEBRAR Ó SAN XOAN 2009 |
FRASES E DITOS EN TORNO Ó SAN XOAN 
En san Xoán, as bruxas
fuxirán
Sálvame lume de san Xoán, para que non me
trabe, nin cadela nin can
Na fogueira de San Xoán, todos caen ó
chan A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día
seguinte, mal
Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si
eres capaz.
No san Xoán, as peras caen ó chan.
Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
Polo san Xoán, as dez co día darán.
0 dia de san Xoán, é o día máis longo do verán. Polo san Xoán, calquera
burro gaña o pan.
- A chuva de San Xoán, tolle o viño e non colle
pan
|
|
|
Enviado por rosi o Martes, 06 de diciembre ás 11:08:46 (194 Lecturas)
(¿comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | DEFENDENDO A NOSA LINGUA GALEGA |
 17 DE MAIO
DE 2009 EN SANTIAGO:
A MAIOR
PROTESTA POLO GALEGO DA HISTORIA
Ducias de
miles de persoas, 50.000 segundo a Mesa pola Normalización Lingüistica,
reclamaronlle á nova Xunta do PP que manteña o decreto que promove o galego no
ensino. Fixérono nunha multitudinaria manifestación que ateigou o 17 de maio as
rúas de Compostela. Multiplicouse varias veces o número de asistentes á anifestación
convocada por Galicia Bilingüe.
"Sempre en Galiza, sempre en galego", "Galiza inda que se molle,
o galego non encolle" e " Temos lingua, temos dereito"
foron tres dos berros máis coreados nunha protesta que recorreu as rúas entre a
choiva e sen incidentes.
O responsábel da Mesa –Carlos Callón- animou ao presidente da Xunta a
"apropiarse do idioma e converterse no primeiro defensor do idioma".
O remate foi
leido un manifesto por varios persoeiros e intelectuais, entre eles o histórico
galeguista Avelino Pousa Antelo e as escritoras Teresa
Moure e Iolanda
Castaño.
Nel denúnciase a "mentira" de que o bipartito tentou impor o idioma. Tamén
se fai referencia ao estudo da Real Academia da Lingua, que mostra como nos
últimos doce anos caeu á metade o número de persoas que falan habitualmente
galego.
Se queredes firmar
o MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGUISTICA E A IGUALDADE DE DEREITOS PARA O
GALEGO podedes facelo na páxina web da Mesa: http://www.amesanl.org/index.asp
|
|
|
Enviado por rosi o Martes, 06 de diciembre ás 10:30:39 (177 Lecturas)
(Ler máis... | 2242 bytes máis | ¿comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | AS LETRAS GALEGAS 2010 PARA UXIO NOVONEYRA |
 - As seis cidades galegas mais importantes pediron á Real Academia que o Día das Letras Galegas 2010 fora dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Pero os que pediron que fora dedicado a Uxio Novoneyra parece que foron escoitados e UXIO NOVONEYRA, o poeta de O Caurel, será o gran homenaxeado no DIA DAS LETRAS GALEGAS 2010.
- 2010 é o ano do décimo
aniversario do seu pasamento. Impúxose así aos demais candidatos, nomeadamente ao que
chegaba con máis forza á xuntanza deste sábado na que os académicos
tomaban a decisión, Ricardo Carvalho Calero.
- Novoneyra naceu en
1930 na localidade luguesa de Parada do Courel e morreu en Santiago en
outubro de 1999. Relacionado durante a súa xuventude con intelectuais e
artistas como Manuel María,Luis Pimentel, Anxel Fole ou Ramón Piñeiro,
volveu a residir no Courel entre os anos 1953 e 1962, unha volta que
deixou unha profunda pegada na súa obra.
- Nestes últimos tempos,
a súa candidatura colleitou moitos apoios. De entre os que pedían o Día
das Letras para Novoneira, destaca un colectivo de persoas que dende
hai case dous anos realizou unha grande actividade na rede e que
recabou máis dun milleiro de sinaturas individuais e de colectivos. O
pasado mes de abril Amigos de Uxío Novoneyra entregoulle ao presidente da Real Academia Galega as 1.041 sinaturas de apoio, entre as que están mensaxes de José Viale Moutinho, Juan Gelman ou Agustín Fernández Paz.
Se queres coñecer algo mais sobre Uxio Novoneyra podes facelo na páxina web: www.uxionovoneyra.com
|
|
|
|
|
|
Enviado por rosi o Viernes, 09 de septiembre ás 00:07:18 (356 Lecturas)
(Ler máis... | 2530 bytes máis | ¿comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | ENCONTROS MUSICALES "ENTRE CULTURAS" |
O Museo Etnográfico Liste de Vigo propón para este verán, e como vén sendo
habitual, AUDICIÓNS MUSICAIS de carácter didáctico, nas que ademais da
mensaxe sonora, preténdese compartir aprendizaxe, sensacións; en
definitiva, compartir cultura.
Exponse como lugares de encontro nos que dialogar do común, e o propio. A idea é, a través dunha actuación musical tradicional, falar dos instrumentos peculiares, o traxe, as tradicións.
Os encontros realízarannse na leira que circunda ao Museo, e a súa
duración é ao redor de 1 h. na que se alternan as pequenas charlas coa
propia audición.
Este ano pareceu interesante ós organizadores achegarse a América Latina para coñecer os trazos esenciais (en cada país) das tradicións.
As datas de audicións serían:
Sábado 11 de xullo
Sábado 1 de agosto
Sábado 22 de agosto
Hora: 12.30
Posteriormente farase un percorrido guiado e gratuíto ao Museo
A persona e o teléfono de contacto para anotarse é: Victoria, 986 -236767/
986-244698.
|
|
|
Enviado por rosi o Jueves, 07 de julio ás 18:38:14 (180 Lecturas)
(Ler máis... | 1225 bytes máis | ¿comentarios? | Puntuación 0)
|
|
|  |
| Actividades |  |
| Informacción |  |
| Enquisas |  |
| A túa conta |  |
|
¿Aínda non ten unha conta? Pode crear unha. Como usuario rexistrado terá ventaxas como selecciona-la apariencia da páxina, configura-los comentarios e envia-los comentarios co seu nome. | |
| Patrocinadores |  |
| 
|